A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propóñenlle á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
Na Coruña a AELG e a AC Alexandre Bóveda, realizaremos unha lectura pública da obra de Rosalía á que convidamos a toda a veciñanza.
Será o sábado 24 ás 18 h na sala de Exposicións Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga 10, 15003 A Coruña).
Haberá poesía e música. Ven a ler ou simplemente a gozar coa obra poética da máis grande da nosa literatura.